Por que en Narón?

Entendemos o que precisas para a túa empresa

Se tes unha empresa ou queres emprender o Concello de Narón dispón para ti de ferramentas que axilizan a mellora ou posta en marcha do teu proxecto.

Porque en Narón, ademais de apoiar directamente o teu negocio, contamos con múltiples liñas para favorecer a implantación da túa iniciativa

 

Poñemos á túa disposición múltiples parcelas industriais e locais comerciais.

Sabemos que unha iniciativa empresarial non só precisa de apoio no momento do seu asentamento.

Comprometémonos a acompañarte no proceso de compra ou aluger da túa parcela ou local comercial.

Ademais do compromiso co tecido empresarial asentado no noso Concello, en Narón contamos cunha contorna privilexiada, ben comunicada e dotada con múltiples recursos e servizos.