Río do Pozo

Situado no municipio de Narón e propiedade da Sepes (Sociedade estatal de promoción e equipamento do chan). Con 2.370.000 m2, configúrase como a terceira área industrial de Galicia, só precedido de San Cibrao das Viñas, en Ourense, e Sabón en Arteixo.

Ten acceso directo tanto á autoestrada AP-9 que comunica Galicia de Norte a Sur co resto de España e Portugal, como á autovía AG-64 Ferrol-As Pontes-Vilalba. Tamén ten conexión co porto exterior de Ferrol.

Este Polígono dista uns 8 km. de Ferrol e do porto, e uns 50 km. de Coruña e o seu aeroporto, o que representa en duración do traxecto, uns 10 minutos no primeiro caso e uns 40 minutos no segundo.

Foi construído en 4 sectores nos que podemos atopar un importante número de parcelas dispoñibles para o seu uso.

 

O desenvolvemento por sectores é o seguinte:

  • Sector I: 570.000 m– 202 parcelas.
  • Sector II: 350.000 m– 2 parcelas.
  • Sector III: 510.000 m– 64 parcelas.
  • Sector IV: 940.000 m– 144 parcelas.
Total: 2.370.000 m– 412 parcelas.

 

 

Parcelas disponibles

 

 

Naves disponibles

Mapa de hidrantes en el Polígono Industrial de Río do Pozo