O Concello de Narón

Ademais do claro compromiso co tecido empresarial asentado no noso Concello, en Narón contamos cunha contorna privilexiada, ben comunicada e dotada con múltiples recursos e servizos.

Zonas residenciais con todas as comodidades, combinadas con amplas zonas verdes e espazos naturais.

Servizos educativos, sanitarios, de atención á terceira idade e á diversidade funcional, deportivos e de ocio; pensados para atender as necesidades de todas as persoas e familias.